lunes, 2 de marzo de 2009

[Casa de citas] X.L. Méndez Ferrín


"...a voz da clase cala; álzase un estrondo barbarísimo que fai callar o sangue. Entre nubes de gas, dispérsanse os homes ás carreiras loucas, discordantes, mudas. Non se achan entre eles os intelectuais patriotas, nín os lúcidos axedrecistas programáticos, nin os teóricos das diferentes ordes, familias e linguaxes marxistas: a penas proletariado galego, Amado Noia. Proletariado que, en cólera imbatíbel, fracciónase pola tranquila cidade de noutrora que nós tanto temos amado. Fatos de camaradas incontinentes ocupan simultáneos dez, vinte encrucilladas. Circulan consignas en secreto; ao Calvario, á praza de Teis, por Asefal ás oito. Tellóns, ferranchos, adoquíns, bolsas do po, fan medrar con naturalidade a barricada, á que de contado ha de serlle posto fogo. O      tránsito cortado ergue un insoportábel clamor de claxons. A cidade interrompe a súa vida común e os policías tolean por acudir a tempo aos pontos de explosión da ira tremenda do proletariado..."
 
Xosé Luis Ménez Ferrín, "Odiado Amado", Crónica de Nós